Introducción 
Actividades Hoxe  
Artistas 
Concellos 
Calendario 
Créditos 

 

 

 


Introducción

A música tradicional e o folc, a canción de autor, a fusión e o jazz. Catro estilos musicais, catro formas de entender a música desde Galiza, conxuntadas nun só circuito e catro ciclos: o Circuito 4x4.

4x4: Catro propostas para apreixar a música feita en Galiza. E en cada ciclo, a diversidade de maneiras coas que os diferentes músicos se achega ao xénero. 4x4, a ferramenta perfecta para coñecer e gozar de música popular galega de calidade.

O ciclo de tradición e folc conta con agrupacións con base na tradición galega: pandereteiras, cantareiras, coros, dúos, murgas, grupos folc…: Faltriqueira, Quempallou, Treixadura e Fía na Roca.

O ciclo de canción de autor presenta a autores e autoras de cancións nos nosos días: Narf, Silvia Penide, Carmen Dor e Rosa Cedrón.

O ciclo de fusión ábrese ás últimas tendencias en Galiza en fusión de diferentes xéneros musicais, nos que se conxugan tradición e vangarda, música instrumental, electrónica, blues…: Mercedes Peón, ISGA Collective, Víctor Aneiros Band e Leo Gianetto’s Jazz Project.

O ciclo de jazz presenta catro das mellores formacións galegas do xénero, desde o instrumental ata o vocal: Abe Rábade Trío, Aberto Conde Trío, Tarela Gradín e Manuel Gutiérrez e Xacobe Martínez Antelo Quinteto.